Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence reafirma o seu compromiso ambiental e inversor tras a sentenza da Audiencia Nacional

2016_RENDERS_Página_11_Imagen_0001.jpg

14 de xaneiro de 2019.- Ence considera que a sentenza da Audiencia Nacional, na que se desestima o recurso interposto polo Concello de Pontevedra en relación á resolución do MAGRAMA 24/07/2015, axudará á execución do importante programa de investimentos que a compañía prevé acometer en Pontevedra, segundo o seu Plan Estratéxico 2019-2023.

Ence quere destacar que nesta nova etapa estratéxica, a súa actividade en Pontevedra contribuirá, máis se cabe, ao crecemento económico e ao emprego da comarca, así como ao coidado e a mellora do medioambiente.

A compañía investirá entre 60 e 110 millóns de euros entre 2019 e 2023 para reforzar a excelencia ambiental, a fiabilidade e a seguridade da súa biofábrica. Ademais, Ence investirá 30 millóns de euros en seguir aumentando a eficiencia da súa biofábrica en 2019.

Ence reafirma o seu compromiso para asegurar unha calidade óptima do seu efluente e reducir o consumo de auga, así como coa aplicación das  prácticas mais avanzadas e as mellores  tecnoloxías dispoñibles para garantir o mellor comportamento ambiental, e a maior eficiencia e fiabilidade no seu proceso de produción.

A compañía está a avanzar na execución do proxecto de integración paisaxística da  biofábrica de Lourizán, que contribuirá ao embelecemento e a minimización do impacto visual das súas instalacións.

Ademais, está a acometer o desenvolvemento dun proxecto dunha terceira depuradora que contará coa tecnoloxía máis avanzada para o tratamento do efluente e que permitirá? reducir o seu consumo de auga ata un 90% sobre os límites actuais. Durante 2018 Ence introduciu melloras técnicas na súa  biofábrica de Pontevedra que permitirán un aforro dun 20% no consumo de auga da planta. 

show_cookie_policy: 1