Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence logrou o maior aforro no consumo de auga na comarca de Pontevedra da última década

Fábrica Pontevedra 2.JPG

14 de novembro de 2017.- Ence Energía y Celulosa axustará o seu consumo de auga ás limitacións establecidas por Augas de Galicia, e seguirá introducindo medidas de aforro na súa fábrica de Lourizán para paliar os efectos da actual seca en Pontevedra, tal e como veu realizando desde o pasado mes de agosto.

No sistema de xestión de Ence, o compromiso co medio ambiente é unha prioridade, e o aforro no uso da auga constitúe un dos principais parámetros ambientais. En virtude deste compromiso e da aplicación das mellores prácticas e tecnoloxías, a compañía logrou no últimos dez anos o maior aforro de auga en Pontevedra e a súa comarca, por encima de calquera outra entidade ou institución pública.

Ence traballa activamente no deseño da nova depuradora que permitirá reducir nun 90% o uso de auga, o que a converterá na fábrica do seu sector con menor consumo de auga por tonelada producida. Con todo, hai que destacar que para poder executar esta importante infraestrutura é preciso que o Concello de Pontevedra non se opoña á súa construción, xa que manifestou que non deixará a Ence levar a cabo ningún novo investimento. Así mesmo, Ence tivo que paralizar o proxecto de Integración Paisaxística da súa fábrica de Pontevedra como consecuencia de que o Concello impide a execución de todo tipo de obras no emprazamento de Lourizán.