Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

Ence destaca que todos os datos medioambientais da súa biofábrica publícanse diariamente na Internet

La baliza roja de Lourido.jpg

16 de outubro do 2018.- A  biofábrica de Ence en Lourizán publica diariamente todos os parámetros ambientais da súa planta pontevedresa na web www.encepontevedra.com, onde a APDR, e calquera cidadán que o desexe, teñen á súa disposición completa información sobre o desempeño ambiental da compañía.

Para Ence Energía y Celulosa a excelencia ambiental é unha prioridade da súa xestión. Neste sentido, a transparencia e a información veraz forma parte do compromiso e o respecto da compañía pola contorna natural onde leva a cabo a súa actividade, razón pola que desde hai anos publica día a día os indicadores ambientais de Ence-Pontevedra, unha iniciativa pioneira e única no sector.

Como Ence ofreceu en repetidas ocasións, está a disposición da APDR e de calquera outra entidade para achegar canta información necesite sobre os resultados ambientais da súa biofábrica de Pontevedra, así como de calquera outro asunto relacionado coa empresa.

show_cookie_policy: 1