Ver en Español

Novas de Ence en Pontevedra

Voltar á listaxe

A utilización de gas natural como combustible de apoio na biofábrica de Ence-Pontevedra minimizará as súas emisións

Ence-Sección de Energía.JPG

8 de xuño de 2018.- Tras as recentes declaracións de representantes da APDR sobre o programa de investimentos ambientais de Ence-Pontevedra, a compañía desexa aclarar aos seus veciños que proxecta utilizar gas natural  licuado (GNL) como combustible de apoio para o funcionamento da súa biofábrica de Lourizán, pero non prevé construír unha gran regasificadora, como as existentes en porto para a recepción de buques metaneiros, senón tan só un pequeno equipo para gasificar o GNL como hai en gasolineiras e moitas outras instalacións.

O proxecto, que supoñerá un investimento de 2 millóns de euros, forma parte do programa de melloras ambientais da biofábrica de Ence e permitirá eliminar o uso de fuel-oil. Doutra banda, estará dotado das tecnoloxías e sistemas de seguridade máis avanzados do sector.

O gas natural transportarase ata a biofábrica en camións cisterna a unha temperatura de 162ºC. O gas será utilizado nos fornos de cal da planta e supoñerá unha maior facilidade de uso, xa que non precisa de quecemento de tubaxes e circuíto. Dentro dos combustibles de orixe fósil, o GNL é o que ten un menor impacto na contorna, á vez que permite unha eficiencia enerxética superior aos demais combustibles fósiles e, por tanto, menores emisións.

As vantaxes ambientais do gas levaron a Ence a incorporar o GNL mediante a instalación dun conxunto de equipos e dispositivos para a recepción, descarga e adecuación para o seu consumo. Entre as devanditas vantaxes destaca a súa ausencia total de emisión de partículas sólidas, hollines, fumes, etc, así como unha redución de emisión de CO2 en torno ao 30%.

Comparación de emisións según combustible:

Combustible

Partículas

(mg/Nm3)

SO2

(mg/Nm3)

NOx

(mg/Nm3)

Gas Natural

0

0

120

Fuel-oil

20

1100

450

 

Concretamente, o uso de gas natural nas instalacións de Ence permitirá lograr cero emisións de partículas, así como unha emisión de SO2 nula por non ter xofre na súa composición. Ademais, o GNL ofrece mínimas emisións de NOx por ter mellor control de chama, así como unha menor pegada de carbono por ter un proceso de obtención máis limpo que o fuel. En definitiva, Ence logrará mellorar aínda máis a calidade das súas emisións, que actualmente xa se atopan entre as mellores do sector en Europa.

show_cookie_policy: 1