Fornos Cal (NOx)
Emisións Aéreas > Fornos de Cal > NOX
Volver a indicadores
Fornos Cal (NOx)
mg/Nm3Límite Sup AAI
Observacións
- Estas gráficas publícanse para achegarlle á cidadanía información diaria que lle dea unha orientación veraz sobre o desempeño ambiental do Centro de Operacións de ENCE en Pontevedra.
- Os valores incluídos nestas gráficas proceden de diferentes fontes de emisión e recóllense e organízanse de acordo a un proceso semi-automatizado. Os datos actualízanse diariamente, agás en fins de semana e festivos.
- Existe unha gráfica por todos e cada un dos valores que deben ser analizados de acordo coa regulación autonómica e os estándares da Unión Europea.
- De cara a poder informar con periodicidade diaria, os datos son obtidos por equipos de medición en tempo real. A empresa, terceiras empresas oficialmente acreditadas, e as administración públicas, fan habitualmente analíticas sobre cada unha das variables incluídas nestas gráficas. Esas análises fanse de acordo con procedementos homologados e que esixen a realización de probas que farían imposible difundir esta información con carácter diario. Esas análises poden, por tanto, presentar variacións -xeralmente lixeiras- con respecto ós datos que se presentan neste sitio web.
- Os valores incluídos nestas gráficas representan fielmente os recollidos polos equipos de medición en tempo real. En condicións de baixa producción, ponderaranse de acordo cos valores medios de producción diaria -preto de 1.200 Tn- sempre e cando esta ponderación non afecte ó obxectivo de ENCE de aportarlle á cidadanía información que lle dea unha orientación veraz sobre a xestión ambiental da factoría de ENCE en Pontevedra.
- Os valores límite de emisión representados son de aplicación en condicións normais de funcionamiento segundo o descrito na Directiva 2010/75/UE.
- As análises de mercurio e AOX realízanse con periodicidade mensual. Dado que no proceso de producción de Ence non se empregan mercurio nin cloro o resultado será sempre tendente a cero e inferior ó límite mínimo que detectan os equipos de laboratorio empregados para facer as análises.
- As análises de nitróxeno e fósforo fanse semanalmente, tal e como se estipula na AAI.
- Os valores BREF de referencia da UE que orientan sobre boas prácticas en xestión ambiental están definidos para medias anuais. Puntualmente poden existir valores diarios que superen a referencia. O cumprimiento que garantiza unha boa xestión ambiental mídese, en todo caso, a partir da análise de resultados durante todo o ano.
- O significado dos valores que delimitan o rango de cumprimento dos indicadores BREF é o seguinte:
VALOR SUPERIOR: Valor máximo que alcanzarían as plantas que operen coas mellores tecnoloxías dispoñibles.
VALOR INFERIOR: Valor esperado cunha xestión excelente, coas condicións ambientais e de operación máis favorables. Considérase un obxectivo difícil de alcanzar. Valores inferiores significan que a fábrica mellora o que xa de por se é considerado excelente dentro do sector.
En ambos os dous casos, estes límites enténdense coma valor medio anual.